O PP de Gondomar dará a coñecer este sábado as súas propostas en Prado

O Partido Popular de Gondomar organiza este sábado día 11 de maio ás 18:30 horas no Local da Festa en Prado un acto público no que dará a coñecer as súas propostas e escoitará aos veciños e veciñas. Intervirán Paula Bouzós, candidata á alcaldía, Jesús “Suso” Chamadoira, Jose Antonio Ramilo, candidato á Entidade Local Menor de Morgadáns, e Juan José Salgueiro Pérez.