Sin categoría

O Baíña FS elixe este domingo nova directiva

O Baíña Fútbol Sala celebra a Asemblea Xeral de socios este domingo ás 16:00 horas no auditorio do Multiusos Ángel Bedriñana, na que escollerá á Nova Directiva para os próximos 4 anos. A continuación, ás 17:00 horas, o primeiro equipo do club recibe ao EDO Ourense no Municipal de Baiona, partido clave para seguir nos postos de honra da Preferente galega. No inicio do partido terase un detalle co equipo xuvenil, que a pasada semana logrou o campionato ligueiro.