Nigrán Decide, despois de facer un acto público de presentación da súa candidatura o pasado 30 de abril, iniciou unha rolda de charlas de explicación do programa á veciñanza por todas as parroquias do Concello de Nigrán, que comezou en Chandebrito e a seguinte será o sábado 11, no Centro Cultural de Camos, ás 20:30 horas.
O acto será presentado polo candidato á alcaldía José Cuevas e participarán os candidatos da parroquia, Suso Mesías e José Manuel Fajo.
Entre as medidas específicas existentes no programa, para Nigrán Decide está a obriga de traballar para que a dotación de servizos da veciñanza da parroquia sexa a mesma que a do resto das parroquias de Nigrán.
Ademais de mellorar os servizos de competencia municipal, como pode ser o saneamento ou a seguridade viaria, desde a candidatura de Nigrán Decide traballarase dunha forma real para a mellora das telecomunicacións e o acceso a Internet ou a mellora dos viarios que unen a parroquia coas parroquias limítrofes ou outros concellos.

