A nigranesa Patricia Pérez proclámase campioa galega de Tiro con Arco

O pasado domingo celebrouse en Lalín o Campionato Galego de Aire Libre en Arco Tradicional e Espido, organizado polo Club Arkeiros do Deza e a Federación Galega de Tiro con Arco, estreando as distancias establecidas pola RFETA para esta tempada, cunha notable participación de arqueiros. A pesar do frío de primeiras horas, e un chisco de vento lateral, as puntuacións acadadas foron moi boas, e bastante igualadas en case todas as categorías. A nigranesa Patricia Pérez Cameselle, do Archer’s Team de Mos, proclamouse campioa en Arco Recurvo Sénior. En Arco Espido Sénior Home, Manuel Costal, do Serra de Gondomar, foi terceiro.

2019-05-11 - espido-senior-home-20190505_173630