A baionesa Iria Ludeña, xunto coa súa compañeira de club Uxía Rodríguez Hortas, de Tomiño, proclamouse subcampioa galega de embarcacións de equipo K-2. As dúas militan nas filas do Kayak Tudense e competiron na categoría Infantil A, unha categoría superior á que compite Iria habitualmente, nunha distancia de 3000 metros. A competición desenvolveuse en As Xubias, na cidade da Coruña. O tempo que empregaron en finalizar a regata foi de 0:14’16″93 milésimas, a 2 segundos das primeiras clasificadas, que pertencían ao Club Confraría de Pescadores Portonovo.


