Sin categoría

As obras da Avda. Urbana de Sabarís comezarán nos próximos días

Tras a súa adxudicación, a empresa Marconsa e o Concello de Baiona formalizaron xa o contrato para poder dar comezo ás obras de mellora da mobilidade e seguridade na Avenida Urbana de Sabarís. O importe dos traballos, financiados pola Deputación de Pontevedra, ascende a 340.000 euros e o prazo de execución previsto para a finalización dos mesmas é de 3 meses, polo que deberían quedar concluídos antes de finalizar este verán.

As obras que darán comezo nos próximos días consistirán na adaptación dos pasos de peóns á normativa actual de accesibilidade, a incorporación dun novo paso de peóns sobre elevado, as melloras na iluminación xeral substituíndo as lámpadas existentes por outras de tecnoloxía led, o reforzo na iluminación dos pasos de peóns, a rehabilitación xeral do firme, a incorporación de cinco marquesiñas nas paradas de autobús existentes e a sinalización completa da calzada.

“Con todo isto preténdese levar a cabo unha actuación integrada que mellore algo tan importante para este equipo de goberno como é a mobilidade e a seguridade viaria, así como adecuala á normativa actual en materia de accesibilidade”, sinalan desde o Concello.

2019-05-10 - IMG_1032