San Cibrán celebra as festas na honra da Virxe

O barrio de San Cibrán, na parroquia gondomareña de Donas, celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe. O venres 10 de maio darán comezo coa verbena a cargo da orquestra Xacobeo e o trío Armonía. O sábado 11 ás 13:00 horas celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga Va K Pinta. Pola noite, o grupo Aramio e o trío La Clave amenizarán a verbena.

Anuncios