Gondomar prepárase para a 53ª edición do Rallye Rías Baixas

FOTO: RALLYE RÍAS BAIXAS // Meira no parque de reagrupamiento en Gondomar.

A Concellería de Deportes de Gondomar aposta outro ano máis polo mundo do motor, acollendo o próximo 18 de maio a 53ª edición do Rallye Rías Baixas. Hoxe pola mañá, en dependencias municipais, estiveron reunidos coa concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, representantes da Garda Civil, Policía Local, GES, Protección Civil, e da propia organización do evento, para tratar a organización e loxística do Rallye Rías Baixas e así garantir a seguridade non só dos participantes, senón tamén de todos os espectadores.

Para causar o menor prexuízo posible aos condutores, residentes e usuarios das zonas afectadas, o Concello de Gondomar informa dos tramos que permanecerán pechados durante a celebración desta proba de motor.

Tramo cronometrado denominado Gondomar-Porriño (TC 4-7 10) Subida a Vilas-Morgadáns EP-2403

  • Primeira pasada primeiro vehículo 09:12h último vehículo 11:52h (peche estrada de 8 a 12 h).
  • Segunda pasada primeiro vehículo 14:08h último vehículo 16:48h (peche estrada de 13 a 17 h).
  • Terceira pasada primeiro vehículo 18:59h último vehículo 21:39h (peche estrada de 18 a 22 h).

Control de paso Reagrupamento vehículos en Avda. Elduayen e rúa Eduardo Iglesias (Centro urbano Gondomar, desde a herboristería Bambú ata calzados Núñez).

  • Pechados eses dous viarios desde as 7:00 ata as 21:00 horas.
  • Primeiro control de paso primeiro vehículo 08:30h último vehículo 11:30h.
  • Segundo control de paso primeiro vehículo 11:30h último vehículo 16:15h.
  • Terceiro control de paso primeiro vehículo 18:30h último vehículo 21:00h.

2019-05-09 - IMG-20190509-WA0002_15574036271252019-05-09 - IMG-20190509-WA0004_1557403627560

Anuncios