Entrega de premios dos XLI Xogos Intersociais en Priegue

FOTO: CRC O TORREIRO DE PRIEGUE

O Centro Recreativo e Cultural “O Torreiro” de Priegue acolle este sábado 11 de maio ás 19:00 horas a entrega de premios dos XLI Xogos Intersociais, coas actuacións do Grupo de Corda do Torreiro e o Grupo de Acordeóns Brisas de Bouzas. Tamén haberá degustación de viños e tapas.