Encaixamos organiza a súa I Concentración Moteira Solidaria a favor de Uxía e a Nf1

Encaixamos organiza este domingo 12 de maio a I Concentración Moteira Solidaria a favor de Uxía Fernández, unha nena coa enfermidade rara chamada Neurofibromatose do tipo 1 (Nf1). O evento, que se desenvolverá no Restaurante “O Muíño” de Sabarís, comezará ás 12:00 do mediodía cunha sesión vermú a cargo de Toni Delgado. Ás 14:00 horas celebrarase unha comida solidaria, cun menú de 10 euros que incluirá táboas de embutidos variados, empanada variada, croquetas, choripan e auga ou refresco incluído, se alguén desexa unha cana deberá abonar 1,50 euros. Ás 15:30 actuará Frank Jiménez, o rap do moteiro galego, e ás 16:00 horas haberá unha sesión café amenizada cun concerto de The Pistons. Poderanse adquirir rifas por 1 euro de donativo para o sorteo de varias doazóns de entidades colaboradoras. Haberá dous postos onde se poderán adquirir rifas, camisetas e artesanía elaboradas por Encaixamos. Para confirmar asistencia hai que chamar ao teléfono 661 841 357.