Obradoiro de elaboración artesán de queixos en Chandebrito

O vindeiro sábado día 11 de maio, en horario de 11:30 a 13:30 horas aproximadamente, celebrarase na escola infantil de Chandebrito un obradoiro de elaboración artesán de queixos ecolóxicos, promovido pola Asociación Chandebrito 1807. O número de participantes será de 8 a 15, inscritos por rigoroso orde de solicitude antes do venres 10 ás 15:00 horas, enviando un correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com, indicando nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico de contacto, idade e lugar de residencia.

Anuncios