Sin categoría

O equipo de Show do CPA Gondomar alza a copa de prata en Europa

Este venres celebrouse o Campionato Europeo de Grupos-Show Pequenos en Reggio Emilia, Italia, e o equipo do Club de Patinaxe Artística Gondomar conseguiu alzar a copa de prata. As patinadoras gondomareñas, apoiadas polo seu adestrador David Figueroa, saíron a pista con máxima entrega, representando a súa arte deportiva co seu «Saint Mary», conseguindo alcanzar o segundo posto e portar a copa de prata.

O equipo Show do CPA Gondomar entregouse integramente á branca pista de patinaxe sobre rodas, superando a grandes equipos e demostrando o seu «saber facer» na mesma. As gondomareñas chegarán a casa con emoción pola súa presente copa de prata e desexando superarse se cabe no próximo Campionato do Mundo, o WRG 2019, que disputarán en xullo en Barcelona.

2019-05-04 - IMG-20190504-WA0008