Dende Manifesto Miñor – En Marea Gondomar presentan a candidatura formada por persoas do común e comprometidas co activismo social, medioambiental e cultural, co feminismo, co patrimonio, coa lingua. “Dende Manifesto Miñor apostamos por unha candidatura continuadora do traballo desenvolto polos tres concelleiros durante os tres anos de goberno; xa que logo, os primeiros tres postos están ocupados por Antonio Araújo Quintas, Rocío Cambra Castro e Xosé Antón Araúxo Rodríguez”. Asemade, o posto número 17 está reservado para o Presidente da Comunidade de Montes de Vincios, quen fora concelleiro de Manifesto Miñor ao comezo desta lexislatura.
- Xosé Antonio Araújo Quintas
- María del Rocío Cambra Castro
- Xosé Antón Araúxo Rodríguez
- Milagres Chapela Iglesias
- María Carlota Rey Rocha
- Jorge Diz Ferreira
- Vanesa Estévez David
- Jesús Rodríguez Diéguez
- Xaime Lugilde de Jesús
- Celsa Álvarez Fernández
- Tomás Lerma Merino
- María Luisa Tareixa Uxía Varela Nogueiras
- David Silva Fontán
- Laura Rodríguez González
- Manuel Piñeiro Lorenzo
- María Elvira Lago Mariño
- Alberto Covelo Casal
Suplentes:
- Juan Guiadanes Cambra
- María del Carmen Otero Castuera
- Fernando Otero Vila
- María de los Ángeles (Magis) Amado Laschuetza
- Domingo Costas Cea
- Francisco Coltrinari Bouzas
- María del Rocío Oliveira Pereira
- Xulio Castañal Canto
“Durante esta lexislatura, primeiro no goberno e agora na oposición, traballamos sempre co obxectivo de mellorar Gondomar e resolver os problemas da veciñanza. Queremos un urbanismo sustentable e participado; por iso, cómpre rematar o PXOM no que levamos traballando máis de tres anos e que quedou paralizado cando fomos expulsados do goberno municipal. Por outra banda, temos o compromiso de aprobar o Regulamento de Participación Veciñal para darlle voz a toda a veciñanza; escoitar as parroquias é fundamental para facer un Gondomar do século XXI. Por último, volveremos poñer os Servizos Sociais ao servizo das familias máis desfavorecidas, sen servilismo e con responsabilidade. Temos un proxecto, temos ganas e temos moita ilusión”, conclúen desde Manifesto Miñor.

