O equipo de eSports do Gondomar CF debuta en Ourense

O equipo de eSports do Gondomar Club de Fútbol arrancará a competición de forma presencial este domingo, en Ourense. Farao nun evento oficial no que compiten equipos de toda a xeografía española, e será o debut in situ, da nova modalidade deportiva do club gondomareño.

Do día 3 ao 6 de maio, conta o responsable Juanjo Santos, “iremos a Ourense a un evento ao cal asistirán centos de persoas cos seus ordenadores para convivir e xogar xuntos durante 3 días. Dentro de este evento, organízanse varios torneos de diferentes xogos ou modalidades, aínda que o Gondomar CF participará na de CSGO”.

Respecto á competición, engadiu que “para nós está ben como primeiro contacto de maneira presencial, para ir fortalecendo o equipo; malia iso, o noso obxectivo non e outro que gañar o torneo, pois creo que temos equipo para facelo e dende o primeiro día hai que competir por estar entre os mellores”.

Nese evento estrearanse as novas camisolas, e será o primeiro contacto coa afección de eSports coa que vai contando o club, pois algún afeccionado xa confirmou asistencia. Dende o club están moi ilusionados co evento, e desexan aos seus o maior dos éxitos, a fin de que poñan o nome do Gondomar CF nos mellores postos, algo importante para a marca de club.

Anuncios