Nigrán abre o xoves as inscricións para o Campamento de Verán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza o “Campamento de Verán 2019” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O campamento está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 25 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres.

O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 23 de maio. O campamento desenvolverase nas instalación do CPI Arquitecto Palacios. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina Web www.nigran.org.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Teléfono 986 383 081, correo electrónico cim@nigran.org.

Anuncios