Carlos Abal pon en marcha a campaña “Escribe ao candidato”

O candidato popular á Alcaldía de Nigrán, Carlos Abal, pon en marcha a campaña “Escribe ao candidato”, unha iniciativa que ten como obxectivo a creación dunha canle de comunicación real, inmediata e, sobre todo, moi cómoda para os veciños, para escoitar os seus comentarios, dar resposta ás súas dúbidas e preguntas e coñecer as súas inquietudes, “sobre o municipio en xeral ou sobre a nosa proposta de goberno en particular”, apunta o candidato.

Desde xa, o candidato popular terá o número 644 919 002 operativo e dispoñible todos os días da semana, tanto para chamadas como para SMS ou WhatsApp. “O obxectivo prioritario da nosa proposta de goberno é achegar a Administración Local ao cidadán, que sexa un ente útil, áxil e resolutivo para as súas necesidades”, explica Abal, “polo que poñer en marcha esta vía de comunicación para os veciños é o primeiro paso para demostrar que as nosas palabras e as nosas propostas son un firme compromiso cos veciños”, engade. Así mesmo, o candidato popular avanza que esta liña de teléfono permanecerá activa mesmo despois do 26-M.

Anuncios