Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita estes días Gondomar e Baiona. Hoxe luns 29 de abril permanecerá na estación de autobuses de Gondomar. En Baiona estará mañá martes día 30, situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo en ambos os dous casos de 16:00 a 21:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.
Unha unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe en Gondomar e mañá en Baiona

