Sae ileso tras colidir co seu Ferrari contra un poste da luz en Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN // Estado no que quedou o Ferrari.

Aparatoso accidente o ocorrido este mediodía na rúa Rosalía de Castro (PO-552) en Nigrán. O condutor dun Ferrari 488 GTB, veciño do municipio, saíu ileso tras, por motivos que se descoñecen, perder o control do vehículo, saírse da vía e colidir contra un poste do tendido eléctrico. O suceso tivo lugar preto da confluencia co Camiño de Fornes e en sentido Baiona. Segundo confirmaron fontes policiais o home non bebera polo que a inxesta de alcol descártase como causa do sinistro. A Policía Local foi a encargada de regular o tráfico mentres non foi retirado o coche, que acabou encima da beirarrúa con cuantiosos danos.

Anuncios