O PSdeG-PSOE sitúase como primeira forza nos tres concellos do Val Miñor

O PSdeG-PSOE gañou as eleccións xerais deste domingo nos tres concellos do Val Miñor, conseguindo 834 votos máis en Baiona, 1.134 en Gondomar e 1.431 en Nigrán respecto ás eleccións celebradas no 2016, obtendo nesta ocasión 2.092 papeletas (27,41%) en Baiona, 2.937 (32,73%) en Gondomar e 3.563 (32,64%) en Nigrán.

O PP pasa a ser a segunda forza nos tres municipios, perdendo 1.093 votos en Baiona, 1.012 en Gondomar e 1.475 en Nigrán, en comparación cos resultados dos anteriores comicios, obtendo nesta ocasión 2.048 papeletas (26,83%) en Baiona, 2.181 (24,30%) en Gondomar e 2.668 (24,44%) en Nigrán.

Unidas Podemos ocupa a terceira posición con 1.366 votos (17,90%) en Baiona, 1.597 (17,80%) en Gondomar e 1.794 (16,43%) en Nigrán, e Cidadáns a cuarta, con 1.030 apoios (13,50%) en Baiona, 983 (10,95%) en Gondomar e 1.542 (14,12%) en Nigrán.

Vox conseguiu 459 votos (6,01%) en Baiona, 476 (5,30%) en Gondomar e 591 (5,41%) en Nigrán. Por detrás, as dúas candidaturas galegas, o BNG, con 351 apoios (4,60%) en Baiona, 347 (3,87%) en Gondomar e 348 (3,19%) en Nigrán, e En Marea, con 93 votos (1,22%) en Baiona, 207 (2,31%) en Gondomar e 141 (1,29%) en Nigrán.

A participación foi do 77,13% en Baiona -un 5,08% máis que no 2016-, cun total de 7.747 votos, dos que 115 foron nulos e 79 en branco; do 75,24% en Gondomar -un 5,27 máis que nos anteriores comicios-, cun total de 9.105 votos, dos que 131 foron nulos e 85 en branco; e do 76,14% en Nigrán -un 4,55% máis-, con 11.096 votos emitidos, dos que 179 foron nulos e 105 en branco.

Anuncios