Sin categoría

O Liceo Marítimo de Baiona celebra o Día da Nai cun concerto de Baiona Bay

O vindeiro mércores día 1 de maio ás 19:30 horas o Liceo Marítimo de Baiona celebrará anticipadamente o Día da Nai cun concerto do grupo de corda “Baiona Bay”. Este acto está aberto ao público en xeral e será unha homenaxe ás nais. A actuación conta coa subvención da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa Pontegal.