María Rosa Piñeiro, número 2 da candidatura de Cidadáns en Baiona

Adolfo Valverde, candidato de Cidadáns Baiona, anuncia as persoas que lle acompañarán nos postos máis altos da lista. O número 2 da candidatura será para María Rosa Piñeiro, unha das funcionarias con maior antigüidade do concello. “Nos meus 27 anos de funcionaria vin a moitos veciños sufrir inutilmente, temos que avanzar na simplificación e eliminación das trabas administrativas na administración e especialmente nas políticas sociais”, destacou María Rosa Piñeiro. “As parroquias son unha prioridade para nós, só persoas novas e preparadas que viviron nelas toda a vida como Rebeca ou Rafael poden dinamizalas e integralas nun proxecto común para Baiona”.

Para o número 3 da lista, Adolfo Valverde confiou en Rebeca Vidal. Administrativa titulada e veciña de Baíña. “Temos que lograr que o centro histórico e as parroquias formen un proxecto colectivo. Non necesitamos grandes obras faraónicas, senón seguridade viaria, servizos básicos e un mantemento adecuado”.

O Auxiliar de enfermería e técnico de laboratorio, Rafael Álvarez González, será o número 4. Este mozo veciño de Baredo de 23 anos destacou que se suma a este proxecto con moitas ganas e con esperanza. Acaba de terminar os seus estudos compaxinándoo co seu traballo de camareiro nun restaurante de Baredo. “Gustaríame darlle a todos os veciños do meu concello que están en situación de desemprego as oportunidades necesarias para que poidan acceder ao mercado laboral e que poidan optar a máis opcións que o turismo. Eu mesmo estou a meditar quedarme ou marcharme a Madrid, tentarei quedarme para cambiar isto, non quero ser outro baionés que ten que deixar o seu pobo para buscar oportunidades fóra”.

Adolfo Valverde destacou que a lista está formada por “profesionais preparados, chegados de distintos sectores, con moitas ganas de traballar pola cidade, e o máis importante, sen cargas políticas”.

Anuncios