Prado celebra as festas da Virxe da Soidade

O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra os días 30 de abril e 1, 4 e 5 de maio as festas en honra á Virxe da Soidade. O martes día 30, as orquestras Aramio e París de Noia serán as encargadas de amenizar a gran verbena. O mércores día 1 ás 11:30 da mañá comezará a Misa Solemne con sermón, seguida de procesión acompañada por Banda de Música Unión Musical de Vincios. A continuación terán lugar as tradicionais “poxas” e pola noite a verbena estará amenizada pola Banda de Música Unión Musical de Vincios e o grupo Ritmo. O sábado día 4 as encargadas de animar a festa serán a orquestra Ocaband e a disco móbil CDC. O domingo día 5 ás 12:30 celebrarase unha Misa Solemne con sermón seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Asubío, que ofrecerá unha actuación xunto co trío Azar. O torreiro estará cuberto cunha carpa.

Anuncios