Amadeo Abal e Sara Pérez impóñense na 1ª Carreira Popular Concello de Gondomar

A Sociedade Atlética Val Miñor organizou este sábado a 1ª Carreira Popular Concello de Gondomar, coa colaboración e patrocinio da Concellería de Deportes. Preto de 600 corredores participaron nas probas de atletismo, que deron comezo a partir das 18:30 horas, repartidos nas categorías Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10, Sub 8, Pitufos e Absoluta. Todos eles tiveron que completar os diferentes circuítos, que ían desde os 100 ata os 5.000 metros dependendo da categoría, que discorrían polas rúas de Gondomar para as menores e polos arredores do Concello para a carreira de 5 km.

O vencedor absoluto da proba foi Amadeo Abal Chaves, do Clube de Atletismo Verxel Nutrición Deportiva, que conseguiu completar o percorrido de 5 km en 15:30. 43 segundos despois cruzaba a liña de meta Rubén Pereira Cardalda, do Athletics Fisioterapia San Lázaro, e completando o podio, Josué Moreno Lira, do C.A.R. Marisqueiro, cun tempo de 16:27. Na categoría feminina, a primeira en completar o circuíto foi Sara Pérez González, do Comesaña Sporting Club, en 20:04. A súa compañeira de equipo Ana Paula Vilar Palma foi segunda, e Ainhoa Rodríguez González, do Atletismo C.S.R.C. Beade, terceira, cun tempo de 20:34 e 21:30 respectivamente.

Outorgáronse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medallas conmemorativas na categoría de pitufos. Houbo agasallos conmemorativos nas categorías prebenxamíns ata absoluta.

CLASIFICACIÓNS 1ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE GONDOMAR

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios