UCN insta o alcalde a “cumprir a estrita neutralidade” durante os Premios Nigrán

O portavoz do partido Independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, anuncia que a reclamación exposta polo partido independente ante a Xunta Electoral, en solicitude de adiamento do acto para a celebración dos “VIII Premios Nigrán 2019”, ao coincidir en xornada de reflexión das eleccións xerais, foi arquivada, “o que por suposto respectamos”, sinala. Con todo, advírtelle ao alcalde e ínstalle “a que maximice o seu deber de coidado para cumprir a estrita neutralidade que han de manter os poderes públicos ao longo de todo o proceso electoral”. Por tal motivo, a entrega dos citados premios poderá levar a cabo finalmente este sábado 27 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, tal como estaba previsto e con total normalidade.

UCN lamenta que o alcalde Juan González traspasase unha liña vermella como motivo da “I Gala do Deporte” celebrada o pasado sábado, “que no canto de resultar un acto institucional do Concello de Nigrán convertésese en algo partidista, ao ignorar por completo á oposición, non só na selección dos premiados -que por suposto nin tan sequera foron consensuados-, chegando mesmo a non ser convidados oficialmente ningún concelleiro da oposición aos actos, o que en certo xeito desvirtuou e embazou o evento, sendo completamente alleos os premiados tanto de forma individual como colectivamente, aos que UCN quere felicitar unha vez máis, e recoñecerlles os méritos acreditativos de tal galardón”.

Por último Antonio Fernández Comesaña, quere pedir desculpas publicamente por se, como consecuencia de poñer os feitos en coñecemento da Xunta Electoral para que avaliase se a entrega dos Premios Nigrán en xornada de reflexión puidese interferir nos procesos electorais en marcha, alguén puidese sentirse ofendido. “Reiterámoslles as máis sinceras desculpas, en calquera caso, é unha chamada de atención para que no futuro non volvan cometerse os mesmos erros, e que ambos os dous galardóns sexan produto do consenso e participación de todos os grupos municipais e desterrar a tentación da posible instrumentalización política por parte do goberno municipal de quenda”, conclúe o portavoz de independente.

Anuncios