Beatriz Pino, candidata de Cs por Pontevedra, destaca en Baiona o traballo das mariscadoras

A candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, fixo este venres un balance positivo desta campaña e asegurou que “o resultado vai ser fantástico e imos ter voz no Congreso”. Pino facía estas declaracións tras manter unha reunión con responsables da Confraría de Pescadores de Baiona e escoitar as demandas das mariscadoras.

“Temos que dar voz ao que reclaman estas mulleres xa que hai que poñer en valor o papel das mariscadoras”, indicou a candidata por Pontevedra. “En Cs apostamos por poñer en valor este papel que teñen como pesca artesanal e imos insistir en que se recoñeza o que fan”. Beatriz Pino tamén asegurou que “hai que facer algo coa contaminación nas augas Baiona xa que estamos a perder recursos por alta contaminación”.

Por último pediu que “as cotas sexan máis igualitarias e xustas”, e deixou claro que “desde Cs apoiamos a pesca tradicional e mariscadoras”.

Anuncios