O Cineclub Val Miñor Alice Guy proxecta este xoves “As Diabólicas!”

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves 24 de abril ás 20:30 horas a proxección da película “As Diabólicas!”, un thriller psicolóxico francés de Henri-Georges Clouzot, no que o mesmísimo Alfred Hitchcock se inspirou para facer Psicosis, ofrecida polo Cineclub Val Miñor Alice Guy-Blaché en colaboración co Concello de Nigrán de xeito gratuíto. Este novo cineclub de Nigrán, que colle o nome da primeira muller en ser realizadora dunha longametraxe, ofrece un filme cada penúltimo xoves de mes no Auditorio Municipal. No filme, as mestras Christina e Nicole, esposa e amante do director dun internado, Michel Delassalle, fartas de sufrir os seus desprezos, deciden resolver esta situación…