Iris Malvido afirma en Nigrán que En Marea é o antídoto contra a desafección política

A candidata Iris Malvido, número un por Pontevedra por En Marea visitou Nigrán en compañía do candidato ao Congreso Manuel González Moreira e Jesús Recouso Trasandí. No acto celebrado no Auditorio Municipal da localidade, Jesús Recouso Trasandí, candidato á alcaldía de Manifesto Miñor no concello de Nigrán, sinalou a situación de precariedade e emigración que sofre a mocidade galega, e da que el mesmo, con 27 anos, é exemplo, destacou o interese de Manifesto Miñor e En Marea en que Pontevedra volva a ser unha potencia industrial “queremos que Galiza deixe ser a porta de saída da nosa xuventude e volva ser a porta de entrada atlántica”. O número dous, Manuel González Moreira, médico de atención primaria de profesión, incidiu na defensa da sanidade pública e universal. Neste sentido declarou que os recortes do Partido Popular fixeron retroceder o noso sistema de sanidade ós tempos da cartilla, onde non todos tiñan dereito a un médico, senón que algunhas persoas pasaban a ser meras benefactoras.

Iris Malvido Lago sinalou que En Marea é o antídoto contra a desafección política, a candidata número un pola provincia, mostrouse convencida, que a aposta clara de En Marea pola radicalidade democrática, a ética e a coherencia van implicar uns bos resultados nas eleccións do vindeiro 28 abril, chegando a ser a “sorpresa” destas eleccións, acadando un ou dous escanos pola provincia de Pontevedra. “En Marea garantirá a gobernabilidade do estado dende o primeiro día, pero nunca será un cheque en branco, xa o demostramos nos anteriores orzamentos, imos ser decisivas e negociar uns orzamentos dignos para a nosa provincia que garantan o desenvolvemento económico da mesma”. Tamén destacou a importancia de abrazar o 15M do medio ambiente, o 15M dos “Friday for future”, e achegar claramente por procesos de transformación e transición ecolóxica a nivel industrial, que permitan ás empresas adaptarse paulatinamente a unha nova realidade medioambientalmente máis sostible, “a loita contra o cambio climático, o desenvolvemento de plans de emerxencia de recuperación da nosa biodiversidade, a loita contra os incendios, o saneamento das nosas rías e a recuperación dos nosos espazos medioambientais, cómo é o caso do esteiro da Foz, deben ser prioritarios”.

Anuncios