Charla sobre a alimentación consciente no Centro Sociocomunitario de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación Con&CienciaT organiza este mércores 24 de abril ás 20:00 horas na Biblioteca do Centro Sociocomunitario de Baiona unha charla co tema “A alimentación consciente”, impartida por Gloria Pérez. Esta actividade desenvólvese con carácter mensual, sendo un espazo de comunicación e respecto onde poder tratar entre todos os temas relacionados coa experiencia vital compartindo en liberdade e igualdade. Os temas serán propostos conxuntamente pola asociación e os participantes.

Anuncios