Charla-obradoiro sobre a xestión de emocións en familia en Gondomar

A Concellería de Igualdade de Gondomar, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha un ciclo de charlas-obradoiros.

A familia é o noso refuxio, onde sentimos o amor, o apoio e a seguridade necesarias para o bo desenvolvemento de todas as facetas da nosa vida persoal, social, educativa e profesional. Nais e pais pregúntanse que é o que están a facer mal ou que é o non están a facer. De todo isto e máis falarase o vindeiro 3 de maio ás 19:00 horas no Centro Neural, baixo o título Xestión de Emocións en Familia, nun obradoiro impartido por Rebeca Bastón, terapeuta familiar e psicóloga.

Non será necesario facer unha inscrición previa pero dicir que o aforo será limitado, segundo as características da sala. Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 389 355/986 360 224 ou no correo electrónico aio@concellodegondomar.com.

Anuncios