Música contra o “bullying” desde Baiona

Os djs e produtores baioneses Ludwig Van Brothers lanzaron este venres o seu novo single. Trátase de “You’re not alone”, a súa segunda colaboración con Annie Rose, tamén de Baiona, un tema “potente” estilo Electro-House de festival. A mensaxe da letra vai cara a un eu interior no cal che di que podes conseguilo todo con axuda e que non estás só. O videoclip centrouse nun tema que está moi presente na actualidade, o bullying. Foi gravado no Colexio de Oia cos alumnos e en exteriores de Baiona, realizado e producido por Samaín Producións, unha produtora audiovisual da Vila.

Anuncios