Torneo RacVil Homenaxe a Poli no campo de San Pedro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Poli Vilar na entrega de trofeos do Torneo.

O Racing Vilariño organiza o venres 19 e o sábado 20 de abril o Torneo RacVil Homenaxe a Poli. No campionato, que se desenvolverá no campo de fútbol de San Pedro, participarán os equipos do Vilariño, Val Miñor, Erizana, Salvaterra, Pereiró, San Miguel, Valladares, Alcabre, Tomiño e Coruxo. O venres celebrarase o VIII Torneo Cadete e o sábado a IX edición do Torneo Infantil, coa fase de grupos de maneira ininterrompida. A continuación disputaranse as semifinais, para xogar a final a última hora da tarde. As dúas xornadas finalizarán coa entrega de trofeos.

Anuncios