A Deputación financia con 48.000 € melloras en camiños municipais de Peitieiros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para os concellos de Gondomar, Mos, Redondela e O Porriño, ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019, por un total de 131.952,15 euros. Máis polo miúdo, a Gondomar destinaranse 47.578,93 euros para obras de mellora da pavimentación e saneamento en camiños municipais, no barrio da Fonte, en Peiteiros.

Anuncios