Anuncios
Ticker de novas

O Parador de Baiona cortará o seu piñeiral por unha praga de procesionaria

O Parador de Baiona cortará o piñeiral de máis de 50 anos que rodea a península de Monterreal para solucionar a praga de oruga procesionaria que afecta a esta zona. Esta formación arbórea viuse gravemente atacada por esta especie que devora as acículas do piñeiro, chegando a provocar a morte da árbore en ataques severos. Sobre este piñeiral concreto, actualmente o 75 por cento das árbores presenta unha parte aérea seca ou está moi débil ou morto.

Esta área, que ocupa algo máis de dúas hectáreas de terreo no interior das murallas da península de Monterreal, foi tradicionalmente utilizada polos veciños da localidade para pasear e practicar deporte. Paradores garante que a Consellería do Medio Rural da Xunta demarcou o piñeiral como afectado polo nematodo e que existe un risco de saúde pública para os seus usuarios. Ademais, para a talla, Paradores afirma contar con todos os permisos provinciais da Dirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo, dada a existencia de bens de interese cultural (BIC) no lugar.

Así mesmo, Paradores solicitou a autorización para repoboar a zona con carballos autóctonos para buscar unha maior adaptación ao medio e evitar futuras novas pragas de procesionarias. Esta actuación aínda está pendente de autorización por parte de Patrimonio.

Anuncios
error: Contido protexido