Feira de antigüidades en Sabarís

Sabarís acolle este xoves día 18 de abril unha nova feira de antigüidades organizada por “Revolto Artesanal Galego” e o Concello de Baiona. Os postos estarán instalados na Avda. Julián Valverde desde as 10:00 ata as 19:00 horas. Poderanse atopar ferramentas, apeiros, numismática, vintage, libros descatalogados, vinilos, mobles e moito máis.

Anuncios