Arde parte dunha vivenda en Gondomar sen causar danos persoais

FOTO: RIVEIRO

Un incendio arrasou parte dunha vivenda no lugar de Chaín, en Gondomar. Malia que a casa está habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido pouco tempo despois.

Os feitos ocorreron ás nove da noite de onte, cando uns traballadores percibiron o incendio e chamaron decontado ao 112 Galicia. A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou aos Bombeiros do Porriño e aos membros do GES de Val Miñor co fin de atallar as chamadas que se concentraban na zona do tellado.

Preto das once da noite, os efectivos de emerxencias deron por extinguido o incendio, que causou importantes danos no faiado, cociña, paredes e falso teito. Posiblemente, as causas sexan un cortocircuito nun electrodoméstico, aínda que continúan as pesquisas.

Ademais, como medida preventiva, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, pero, afortunadamente, ninguén resultou ferido. Do mesmo xeito, este operativo completárono os axentes da Policía Local.

Anuncios