Localizado o mozo con autismo desaparecido en Baiona

Ángelo Daniel Fernándes Lópes, o mozo de 18 anos con autismo ao que se lle perdeu a pista en Baiona, foi localizado este domingo en perfecto estado de saúde. A Garda Civil desactivou a alerta de procura tras ser localizado en casa do seu pai, en Portugal. O mozo desapareceu na tarde do venres, mentres a súa nai atopábase traballando. De nacionalidade portuguesa, mudouse coa súa familia á comarca do Val Miñor fai tres meses.

Anuncios