Marquesiñas rotas e luminarias acesas a plena luz do día en Nigrán

O candidato popular á Alcaldía de Nigrán, Carlos Abal, denuncia o deixamento do goberno municipal socialista, “palpable en cuestións tan evidentes como nunhas marquesiñas de autobuses rotas, algunhas desde hai semanas, como é o caso da de Priegue”.

“Máis aló da imaxe de abandono que mostra o estado destes inmobles públicos, resultan un perigo para os usuarios”, engade Abal, quen pode entender que tramitar a súa reposición leve un tempo, pero non acondicionalas ou retirar os cristais e achas para que non se produza ningún accidente con ningún veciño.

“A desidia do goberno socialista evidénciase tamén no control da iluminación pública, con luminarias acesas a plena luz do día e apagadas de noite, unha circunstancia que vénse producindo desde hai semanas e que, ademais do malgaste de fondos públicos, supón un problema de seguridade cidadá para os veciños das zonas afectadas”, concreta Abal.

Anuncios