Anuncios
Ticker de novas

Cheo no Auditorio de Nigrán para escoitar á Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao

Máis de 250 persoas abarrotaron o Auditorio de Nigrán para escoitar á Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao, dando inicio ás actividades da Semana Santa organizadas polo Concello de Nigrán.

Durante hora e media os espectadores desfrutaron entusiasmados con temas galegos como “La leyenda del beso” de Reveriano Soutullo ou “Negra Sombra” de Juan Montes, baseado no poema de Rosalía de Castro, e vascos como “El caserío” do Mestre Jesús Guridi.

Tres veces tiveron que saír os músicos dirixidos por Amagoia Loroño, filla do fundador da Orquestra, Josu Loroño, que demostraron o por que son unha das mellores de Europa no seu xénero.

O próximo venres 19 de abril dende as 20:30 horas será a “Camerata Santar” formada por músicos da Real Filarmonía de Galicia que ofrecerá pezas de Beethoven e Schubert e darán continuidade aos actos da Semana Santa en Nigrán.

Anuncios
error: Contido protexido