Buscan a un mozo con autismo desaparecido este venres en Baiona

Búscase a Ángelo Daniel Fernándes Lópes, un mozo de 18 anos que desapareceu a tarde deste venres en Baiona, mentres a súa nai atopábase traballando. A súa familia informou de que é autista e necesita medicación. A última vez que foi visto vestía un pantalón de chándal negro, unha chaqueta negra e levaba unha mochila vermella co símbolo de Ferrari.

O mozo, de nacionalidade portuguesa aínda que entende o castelán, mudouse coa súa familia á comarca do Val Miñor fai tres meses. Polo momento organizáronse procuras pola Guarda, Tomiño, Gondomar e Portugal. Ademais está previsto sondar pola tarde Vigo e contorna. Tamén están avisadas as autoridades lusas.

Calquera persoa que o vira ou dispoña dalgunha información pode poñerse en contacto coa Garda Civil de Baiona ou chamar aos teléfonos 986 35 50 27, 062 ou 112.

Anuncios