Anuncios
Ticker de novas

Unha medalla de ouro e outra de prata para o Gondomar Acro Club na Copa Acroastur

O pasado sábado celebrouse no Pavillón de La Tejerona de Xixón a II Copa Acroastur de Ximnasia Acrobática, organizada polo xixonés Club Deportivo Acroastur, en colaboración coa Federación de Ximnasia do Principado de Asturias. O Gondomar Acro Club participou con 3 equipos, os cales quedaron primeiros, segundos e cuartos respectivamente nas súas correspondentes categorías.

Gabriela Baltar, Xian Carballal e Candela Alonso levaron a medalla de ouro en WG Escolar Benxamín. Ángela Rodríguez de Robles, Belén Costas e Helena Veiga conseguiron un merecidísimo 4º posto en WG Base Alevín, xa que foi a categoría con maior número de participantes. E Naiara Araujo, Lía Hermida e Nerea Gallego fixéronse coa medalla de prata en WG Base Infantil.

A competición contou coa participación de 270 ximnastas procedentes de Asturias, Galicia, Madrid e Tenerife, pertencentes aos clubs FlicFlac (Vigo), Acro Club Nigrán (Pontevedra), Gondomar Acro Club (Pontevedra), Club Treboada (Pontevedra), Escola Ximnasia Burgas (Ourense), Club Andraga (Collado Villalba, Madrid), Club Acro Flyers (Tenerife, Canarias), Escola de Lugones (Siero) e Club Acroastur (Xixón).

Anuncios
error: Contido protexido