Sin categoría

Nigrán abre o prazo para solicitar as axudas ao fomento do asociacionismo e actividades festeiras

O Concello de Nigrán, a través da súa publicación onte no BOP, abre durante un mes o prazo para que as entidades sen ánimo de lucro do municipio soliciten axudas ao fomento do asociacionismo e das actividades festeiras. As bases íntegras están a disposición dos interesados na sede electrónica do Concello de Nigrán (http:\\sede.nigran.org, apartado “Transparencia”, subapartado “Taboleiro de anuncios”). A partida orzamentaria total é de 22.000 € e establécese un importe máximo total subvencionable de 1.500 € por entidade.