Modepen Val Miñor ofrece un faladoiro sobre as pensións en Nigrán

A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións no Val Miñor convoca á veciñanza este venres 12 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a un faladoiro para expoñer a súa análise da situación actual e as súas reivindicacións. Este acto continúa a xeira iniciada o pasado luns en Gondomar cun acto similar.

Concentración na Ramallosa

Así mesmo, Modepen Val Miñor convoca o sábado día 13 de abril unha concentración na Alameda da Ramallosa ás 12:00 horas, non só contra os ataques ás pensións, senón tamén polos recortes en sanidade, educación e dependencia, contra a violencia de xénero, contra a corrupción que impregna as Institucións, contra a politización da xustiza e a xudialización da política, contra as sentenzas machistas e tendenciosas, contra este sistema económico que nos escraviza, contra o pago da débeda inxusta, contra ese fascismo que percorre Europa e entrou nas Institucións españolas o pasado día 2 de decembro.