Un mozo de Baiona, en “La ruleta de la suerte” de Antena 3

Anxo, un mozo fisioterapeuta de Baiona, participou no programa número 3.068 de “La ruleta de la suerte”, o clásico concurso no que tres participantes deben adiviñar as letras correctas que forman unha palabra ou unha frase coa axuda dunha ruleta que conta con 24 opcións, presentado por Jorge Fernández coa colaboración de Laura Moure, e emitido este mércores en Antena 3.

O baionés conseguiu resolver tres paneis, o primeiro, “No sé cómo…”, coa frase “Ni qué, ni dónde, pero sí sé que contigo”, con 150 euros, o sexto, “Tienes un don”, que ocultaba “Hacerme sonreír cuando lo que quiero es enfadarme”, con 300 euros, e o sétimo e último, o panel con bote, “¡Marchando una de legumbres!”, resolvendo “Ensalada de lentejas con pollo y manzana”, con 525 euros, conseguindo ademais un lote de produtos de Lo Mónaco.

Con 1.250 euros foi o concursante que pasou á gran final, aínda que non conseguiu resolver o panel “Tres de flamenco”, que ocultaba a frase “Miguel Poveda, Duquende e Fosforito”.