Mila López sitúase líder da Copa de España de Ciclismo Adaptado

A localidade almeriense de Cuevas de Almanzora foi o escenario no que esta fin de semana levouse a cabo a segunda proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado na estrada; unha cita que contou cunha gran participación tanto de público como de afeccionados, e na que Galicia estaba representada polos ciclistas Iván Montero MH5 e Mila López WH4, ambos os dous do Club Ciclista Riazor.

O sábado disputábase unha CRI que non puntuaba para a Copa de España, pero que servía para abrir boca aos deportistas e para comprobar a gran acollida que dispensaron os veciños da localidade á cita, que estivo marcada por un sensacional ambiente.

A xornada dominical, do mesmo xeito que a do sábado, estivo marcada por un forte vento e baixada das temperaturas, que auguraban unha xornada dura para os competidores. A pesar desta dura climatoloxía, que cambiaría ao longo da mañá para dar paso a momentos de caloroso sol, a xente de Cuevas del Almanzora botouse ás rúas para dar o seu apoio e ánimo e aos corredores. Os participantes, 49 en total nas súas diferentes modalidades, disputaríanse a vitoria dentro dun circuíto practicamente urbano cunha lonxitude de 4,25 km para cada volta.

Iván Montero conseguiu un segundo posto en ambas as dúas probas, mantendo a segunda posición na xeral da Copa de España en categoría MH5, mentres que a baionesa Mila López, tras conseguir a vitoria nas dúas probas, colócase líder da competición.

A próxima cita do circuíto nacional terá lugar na provincia de Alacante coa disputa do Trofeo La Aparecida o 12 de maio.

2019-04-09 - 56907711_2229980987316958_6201101583288107008_o

Anuncios