Anuncios
Ticker de novas

A partir de hoxe poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas

A Consellería do Medio Rural permite de novo desde hoxe luns, día 8 de abril, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 10 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, desde hoxe ás 00:00 horas pódense realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Anuncios
error: Contido protexido