Sensacional fin de semana para o CPA Gondomar

Este sábado celebrouse o Campionato Provincial Cadete a Sénior de Patinaxe Artística no Pavillón Municipal de Valladares, en Vigo, no que o Club de Patinaxe Artística de Gondomar tivo a súa representación na categoría sénior, con Andrea López Rodríguez. A patinadora, que conseguiu un gran segundo posto, atopábase arroupada polo seu adestrador David Figueroa, clasificándose para o próximo Campionato Galego.

A xornada do sábado resultou intensa para o CPA Gondomar con grandes sensacións e agradecementos xa que resultou premiado como mellor club ou entidade deportiva na IV Gala do Deporte de Gondomar, todo iso polos méritos conseguidos polos seus deportistas en 2018. Pero a xornada asinouse con broche de ouro ante o premio ao mellor deportista revelación masculino outorgado a Joel Ribeiro, pola súa traxectoria deportiva o pasado ano, cando logrou a medalla de prata no Campionato Europeo e no de España de patinaxe artística sobre rodas.

Anuncios