
O Pavillón Municipal de Deportes de Baiona acolle este sábado 6 de abril ás 12:00 horas a V edición do Día do Patín, organizado polo Club Patinaxe Baiona. Poderase gozar de bailes individuais e grupais interpretados por máis de 80 patinadores dos diferentes clubs da zona (Fontes, Sabarís, Nigrán, Chapela e Baiona). Sen dúbida será unha xornada divertida no que a patinaxe será o gran protagonista.