Anuncios
Ticker de novas

Baiona renovará 87 luminarias con 50.000 € de achegas europeas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a resolución favorable do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) do Ministerio de Transición Ecolóxica, das primeiras achegas para financiar, ao través dos fondos FEDER, o proxecto provincial de eficiencia enerxética ao que se adheriron 43 concellos da provincia e que ten un orzamento total de case 4 millóns de euros, e que consiste en actuacións de iluminación sostible e mellora enerxética na edificación, infraestruturas e servizos públicos e a substitución de caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa.

Estas primeiras actuacións, que serán financiadas con 1 ,72 millóns de euros, dos cales o 80% son subvencionados polo Ministerio de Transición Ecolóxica con fondos FEDER (1.376.398,87 euros) e o importe restante con cargo á Deputación de Pontevedra e aos concellos, poderán levarse a cabo en 24 municipios. En concreto, tal e como explicou Carmela Silva, coas primeiras achegas vaise substituír o alumeado público exterior dos concellos de Tomiño, Covelo, Meaño, Poio, Vilanova de Arousa, O Porriño, Silleda, Pontecesures, Crecente, As Neves, Oia, Arbo, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Mos, Moraña, Baiona, Soutomaior, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, O Rosal e Cuntis. En Baiona renovaranse 87 luminarias con 50.000 euros.

Así, a Deputación de Pontevedra vai renovar case 4.000 puntos de luz por luminarias LED de 24 concellos, o que vai beneficiar a 185.000 veciñas e veciños que verán mellorada a iluminación nas súas vilas. Ademais, está estimado que coas novas luces LED os concellos teñan un aforro estimado do 61% na súa factura enerxética.

O proxecto de eficiencia enerxética liderado pola Deputación de Pontevedra vai propiciar, en palabras da presidenta, “que as vilas máis pequenas, as de menos de 20.000 habitantes, poidan ser plenamente partícipes das políticas de crecemento sostible” asegurou Silva . A presidenta tamén sinalou que a estas primeiras achegas se sumarán, nas vindeiras datas, outras novas para completar o orzamento do proxecto e achegar estas medidas aos 19 concellos restantes.

Anuncios
error: Contido protexido