Presentación do libro “Elisa e Marcela. Amigas e amantes” en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle este venres 5 de abril ás 20:00 horas a presentación do libro “Elisa e Marcela. Amigas e amantes” (Editorial Xerais) de Narciso de Gabriel. O acto estará presentado por Carlos Méixome e contarán coa presenza do autor. Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña.

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o “matrimonio sen home”, foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia.

Recentemente esta historia foi levada o cine pola directora Isabel Coixet.

Anuncios