Sin categoría

Baiona abre o prazo de inscrición para o VIII Concurso “Bai de Tapas”

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no VIII Concurso “Bai de Tapas”, organizado pola Concellería de Turismo en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), e que se celebrará desde o 9 de maio ata o 2 de xuño.

Os establecementos de Baiona que desexen participar nesta nova edición poderán realizar a inscrición ata o vindeiro luns, 8 de abril, nas oficinas da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA). Poden solicitar as bases de participación e ficha de inscrición na oficina de turismo ou nas oficinas de ACEBA (R/ Ramón y Cajal, 9 Baiona).